Mércores. 16.10.2024
El tiempo

A “Muiñada” achegou a cultura á beira do río de Vaa

Muiñada no rio Vaa de Malpica
A “Muiñada” achegou a cultura á beira do río de Vaa

O río de Vaa converiuse esta fin de semana en escenario cultural no que se representou a obra “Muiñada”. Medio centenar de persoas achegaronse hoxe ata esta paraxe natural para gozar desta representación teatral na que o xogo, lendas, tradición e música foron o fío condutor para mostrar as raíces culturais.

Tras a representación, a cargo da compañía Galeteatro, as persoas que asistiron fixeron un percorrido pola área recreativa do río de Vaa.

Un encontro que pon en valor o patrimonio de Malpica a través dunha actividade lúdica que organizou a Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de A Coruña.

Comentarios