Novas melloras no Porto de Malpica


O ente público Portos de Galicia instala no peirao pesqueiro de Malpica un novo tramo da condución do subministro da auga potable, traída directamente de manantiais localizados na parte alta da vila. Adicionalmente, acometerá a reposición de cinco tomas da rede, actualmente en deterioro. Esta actuación foi solicitada con cargo aos fondos do Plan de Investimentos en obras Menores (PIM), que investirá nela máis de 20.000 euros.
As obras realízanse para solucionar un problema detectado na instalación, que provocaba un elevado consumo de auga. O novo tramo do subministro construirase perpendicularmente ao cantil da dársena, tendo que levantar parte do pavimento de adoquín por medios manuais para non dañar a pedra granítica que o recobre. As excavacións pretenden renovar o sistema de tuberías para conectar directamente cos mananciais.
Os traballos procurarán conectar as bocas de rega que se instalarán para substituír as actuais, nun estado de deterioro. Esta acción inclúe a reposición de cinco tomas no peirao pesqueiro, e a colocación de chaves especiais e contadores para controlar o consumo e evitar cortes en caso de avarías.
Novas relacionadas
- Secuestrados en Laxe.
- O Consello de Zona da Costa da Morte-Rías Baixas do Norte avaliou os seus plans de desenvolvemento.
- Pachecho retrata Malpica de finais do século XIX no Museo do Mar de Vigo.
Fonte
- Xunta.