Venres. 29.03.2024
El tiempo

O novo piloto malpicán Marco Sánchez, 5º no campionato galego

Marco Sanchez piloto de karting de Malpica 2
Marco Sánchez, co dorsal 7, o novo piloto de karting de Malpica
O novo piloto malpicán Marco Sánchez, 5º no campionato galego

Ten apenas 7 anos, pero xa compite con nenos de 9 e 10 anos. E vaia se compite, a pesar de ser o máis cativo da categoría. O novo piloto de karting malpicán, Marco Sánchez, acadou un meritorio 5ª posto na primeira proba do campionato galego.

Marco rematou as semifinais na cuarta praza, e na clasificación final quedou quinto, nunha das mellores fins de semana para o piloto malpicán.

A seguinte proba será na Magdalena, Forcarei, para a que o rapaz de Malpica xa se prepara. “Este primeiro resultado dálle moita motivación para seguir loitando e mellorando os tempos. Queda moito traballo por diante pero imos no bo camiño”, comenta seu pai, Pablo.

Marco Sanchez piloto de karting de Malpica

Comentarios