![certame-poesia-illas-sisargas-Malpica-2015]()
O vindeiro 30 de setembro remata o prazo para participar no
certame de poesía Erótica Illas Sisargas organizado pola asociación cultural Caldeirón coa colaboración do
concello de Malpica. As bases do premio, que acada a súa
décima edición, son:
1ª: Poderán optar ao premio todos os autores de calquera nacionalidade, que presenten obras inéditas de temática erótica e non premiadas con anterioridade, escritas en lingua galega.
2ª: Os convocantes establecen un premio único dotado con
1.000 euros e a publicación da obra premiada na colección Caldeirón, reservándose durante un prazo de dezaoito meses os dereitos de editala, e entregarán ao/á gañador/a trinta exemplares.
3ª: As obras que serán de
temática erótica, terán unha extensión inferior a seiscentos versos e presentaranse por triplicado, en exemplares separados, en tamaño Din A4, por unha soa cara, numerados, grampados ou encadernados.
As obras presentaranse baixo un título e/ou lema, achegados de plica na que conste o título e/ou o lema no seu exterior e que conteña no interior o nome e apelidos do autor, o seu enderezo, nacionalidade e número de teléfono.
4ª: O prazo de admisión de orixinais remata o día 30 de setembro de 2015, e deberán enviarse ao concello de Malpica de Bergantiños (Avda. Emilio González López 1, 15113 Malpica de Bergantiños) indicando no sobre “X Certame de poesía erótica Illas Sisargas”.
5ª: O xurado componse por un representante do concello de Malpica proposto polo alcalde, un representante da asociación cultural Caldeirón proposto polo presidente desta entidade e o gañador/a do certame inmediatamente anterior a esta convocatoria, quen poderá ser substituído por outra persoa de relevancia nas letras no caso de que, non lle fose posible aceptar a súa participación. Actuará como secretario o membro do xurado proposto polo concello de Malpica e, no seu defecto, poderá ser nomeado polo presidente da A. C. Caldeirón.
6ª: Os participantes deben comunicar á organización a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada no momento no que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do concurso.
O xurado actuará en pleno, en sesión a ser posible única, sendo necesaria a asistencia dos dous terzos dos seus membros.
As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente.
O premio poderá ser declarado deserto ou compartido ex aequo por varios autores/as se o xurado o estima conveniente.
A decisión do xurado terá lugar no mes de novembro de 2015 e darase a coñecer nos distintos medios de comunicación no marco da
cea das Letras
, na cal deberá estar presente o/a gañador/a do certame.
7ª: Non se manterá correspondencia sobre as obras presentadas. Agora ben, os interesados poderán retirar das oficinas do concello de Malpica, Departamento de Educación e Cultura, as obras non premiadas no mes seguinte ao fallo do xurado. A partir do día seguinte serán destruídas.
8ª: A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Malpica.