mércores. 09.07.2025
El tiempo

A Festa da Carballeira destinará 1€ de cada entrada á investigación sobre o Síndrome de Rett

A Festa da Carballeira destinará 1€ de cada entrada á investigación sobre o Síndrome de Rett

Xa non queda nada para a 40ª Festa da Carballeira - 8 e 9 de agosto - e como vén sendo habitual non só será un evento cheo de música e diversión, senón que volve reafirmar o seu compromiso solidario. Nesta ocasión, destinará 1€ de cada entrada vendida online á Asociación Nacional para a Investigación do Síndrome Rett (Mi Princesa Rett).

Esta asociación sen ánimo de lucro leva máis de cinco anos traballando para dar visibilidade ao Síndrome de Rett, unha enfermidade neurolóxica rara que afecta principalmente a nenas, e para financiar a investigación científica no único centro de referencia en España: o Hospital San Juan de Dios de Barcelona. Mi Princesa Rett destaca pola súa creatividade e sensibilidade nas campañas, que conseguiron mobilizar a solidariedade de milleiros de persoas en todo o Estado. Grazas a ese apoio, a asociación non só impulsa dous proxectos de investigación en exclusiva, senón que tamén financia terapias fundamentais para mellorar a calidade de vida das súas pequenas loitadoras: terapia con golfiños, hipoterapia ou fisioterapia neurolóxica, entre outras.

"Con este xesto, dende a Carballeira queremos dar visibilidade ao inmenso labor da asociación, contribuíndo á súa causa e sumando á súa misión: unir ás familias afectadas, ofrecerlles apoio real e loitar por unha vida mellor para todas as nenas con Síndrome de Rett", indican dende a organización da Festa da Carballeira. "Sentímonos honrados de poder contribuír a unha causa tan importante. Na Carballeira, a música e a solidariedade van da man, e agardamos que esta iniciativa inspire aos visitantes a apoiar causas sociais como esta", sinalan.

Venta de entradas

A venda de entrada anticipadas xa está aberta, e a día de hoxe centos de persoas xa se fixeron cos seus bonos para a festa, dos cales os máis rápidos conseguiron un prezo mellor gracias a oferta especial de lanzamento, abonos para os dous días a un prezo de 15€ + gastos de xestión.

A venda de entradas online pódense a atopar na páxina oficial da festa, no seguinte enlace https://events.ticketrona.com/es/entradas-40a-festa-da-carballeira-de-zas-fka2?s=link#/stus673VtsP e tamén nas propias redes sociais da Carballeira: FacebookInstagram e X.

O prezo regular será: abono de día individual 10€ + gastos de xestión e o abono para os dous días 18€ + gastos de xestión. A venda online de entradas estará aberta ata o día 8 de agosto as 21h, a partir de este momento as entradas poderanse comprar en taquilla, onde os prezos serán de 15€ entrada para un só día, ou 25€ abono para os dous días.

Comentarios