Martes. 10.09.2024
El tiempo

O centro da comarca de Bergantiños

O centro da comarca de Bergantiños
Zona do centro da comarca de Bergantinos onde confluen as parroquias de Xornes Leiloio Cances e Verdes

Unha vaguadiña de quilómetro e pico de longo, é o punto de encontro de catro concellos bergantiñáns: Carballo, Coristanco, Malpica e Ponteceso. Entre Fonte de Lámpara (vértice lindeiro de Carballo, Malpica e Ponteceso) e o nacemento do Rego das Mazarocas (linde entre Verdes e Xornes), ollo coa fermosa toponimia, conflúen 4 parroquias de 4 concellos diferentes.

"Estradas, pistas, camiños e sendeiros ó seu redor, forman unha rede de entornos variados", cóntanos Adrián Abella, que recorda que neste punto conflúen as parroquias de Cances (Carballo), Leiloio (Malpica), Verdes (Coristanco) e Xornes (Ponteceso).

E hai tesouros a barrer pola zona: O Pazo de Sotomayor (o pintor das xentes de Bergantiños) en Sergude. O Refuxio de Verdes. Os Castros de Cances e Brión. O Monte Nemio, o mellor Mirador interior de Bergantiños. Fontes, regos, camiños, xentes e tranquilidade. En coche, a pé, a cabalo, en bicicleta, en parapente,... e según o tempo que queiramos adicarlle, temos para elexir ducias de quilómetros alternativos, apunta.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios