Xoves. 12.09.2024
El tiempo

O maiores de Malpica, de excusión pola Coruña

O maiores de Malpica, de excusión pola Coruña
Maiores de Malpica de excursion

Os maiores de Malpica que participan no programa de Envellecemento Activo promovido pola Concellería de Servizos Sociais participaron onte nunha relaxante e instructiva visita á Coruña. O autobús partiu da vila malpicá ás 10 horas e despois da parada de rigor en Buño trasladou aos 38 excursionistas ata a Casa da Auga coruñesa, onde gozaron durante dúas horas da ampla oferta termal das instalacións. A xornada continuou cun xantar, e pola tarde, despois dun paseo ata a Torre de Hércules, os maiores adentráronse na Domus.

Os participantes valoraron moi positivamente a experiencia, e mesmo quedaron con ganas de máis. Pero o programa de Envellecemento Activo, dirixido este ano pola empresa de economía social + Porvir, continúa con moitas outras actividades. Para o vindeiro martes está prevista unha sesión sobre primeiros auxilios a cargo de Protección Civil e o xoves celebrarase a festa de clausura con xogos populares, merenda e baile dende as 4 ata as 8 da tarde no Centro Cívico.

Nos talleres de Envellecemento Activo, que se celebran en Malpica e Buño, participan un total de 50 persoas. A iniciativa pretende ofrecer aos maiores unha serie de ferramentas que lles axuden a mellorar a súa calidade de vida. Monitores e participantes traballan dende hai un mes nos ámbitos da saúde, a participación na sociedade, a seguridade e a formación continua, catro grandes bloques que abranguen propostas coma alimentación saudable, mantemento físico, club de lectura, festas, teatro, cine, visitas a balnearios, prevención de riscos no fogar ou busca de afeccións.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios