Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Nordestazo Rock convoca cun concurso de bandas noveis

O Nordestazo Rock convoca cun concurso de bandas noveis
nodestazo rock 2016

Segue medrando o Nordestazo Rock de Malpica. Xa coñecemos aos principais cabezas de cartel para este 2016, e hoxe coñecemos a nova aposta da organización co música local.

O Nordestazo 2016 fai espazo ás novas bandas emerxentes a través dun concurso de bandas, de noveis unha proposta que se pon en marcha coa colaboración de Estudios Mans e que busca atopar talento entre as bandas de pop-rock que están comezando a súa andadura.

As bandas e artistas que desexen participar terán até o 30 de maio para enviar a súa maqueta e gañar así a grabación dun proxecto musical nos Estudios Mans, ademáis de pasar a formar parte do cartel de artistas do Nordestazo 2016, puidendo subir ao escenario o vindeiro 30 de xullo para actuar en directo, compartindo táboas con artista da talla de Heredeiros da Crus o Marky Ramone’s Blitzkreig.

As bandas que desexen participar poderán enviar a súa maqueta -consistente nun tema en formato mp3, de calidade 128kbps e tamaño máximo de 20Mb- a través da ligazón habilitada na web do festival, www.nordestazorock.com Para participar é imprescindible non ter ningún traballo editado nin comercializado con anterioridade e ser maior de idade.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios