O Pequeoleiros chega á súa fin

José Antonio Corral encargouse de impartir este obradoiro de olería dirixido aos escolares de Buño O Pequeoleiros chega mañá á súa fin. Este programa -deseñado polo concello de Malpica, a través do ecomuseo do Forno do Forte, e a ANPA Xaviña do colexio Joaquín Rodríguez Otero - ten como principal obxectivo difundir a olería entre os escolares de Buño e conseguir que os nenos e nenas manteñan o contacto cunha tradición centenaria que é, ademais, un dos sinais de identidade e un importante recurso económico e turístico de Buño e de todo o concello. Ao acto de clausura, programado para as 17 horas, está prevista a asistencia do alcalde de Malpica, Eduardo Parga. Pequeoleiros desenvolveuse durante máis de tres meses nas instalacións da Casa do Oleiro, todos os mércores e xoves en horario de 16.50 a 17.50. O oleiro José Antonio Corral foi o encargado de transmitir os segredos da olería aos once nenos e nenas de cinco a doce anos de idade que participaron nesta edición da iniciativa, que rematará cunha exposición das pezas creadas polos escolares.

Novas relacionadas

Últimas Mostras

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Concello de Malpica