Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Pequeoleiros chega á súa fin

O Pequeoleiros chega á súa fin
Jose Antonio Corral encargouse de impartir este obradoiro de oleria dirixido aos escolares de Buno José Antonio Corral encargouse de impartir este obradoiro de olería dirixido aos escolares de Buño O Pequeoleiros chega mañá á súa fin. Este programa -deseñado polo concello de Malpica, a través do ecomuseo do Forno do Forte, e a ANPA Xaviña do colexio Joaquín Rodríguez Otero - ten como principal obxectivo difundir a olería entre os escolares de Buño e conseguir que os nenos e nenas manteñan o contacto cunha tradición centenaria que é, ademais, un dos sinais de identidade e un importante recurso económico e turístico de Buño e de todo o concello. Ao acto de clausura, programado para as 17 horas, está prevista a asistencia do alcalde de Malpica, Eduardo Parga. Pequeoleiros desenvolveuse durante máis de tres meses nas instalacións da Casa do Oleiro, todos os mércores e xoves en horario de 16.50 a 17.50. O oleiro José Antonio Corral foi o encargado de transmitir os segredos da olería aos once nenos e nenas de cinco a doce anos de idade que participaron nesta edición da iniciativa, que rematará cunha exposición das pezas creadas polos escolares.

Novas relacionadas

Últimas Mostras

Fonte

Comentarios