Martes. 19.02.2019
El tiempo

O XII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas chega en homenaxe a Paco Souto

O XII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas chega en homenaxe a Paco Souto
Paco de Tano e Eduardo Parga na presentación do Certame de Poesía Erotica Illas Sisargas 2017 Paco de Tano e Eduardo Parga na presentación do Certame de Poesía Erotica Illas Sisargas 2017

11 levaba leva Paco Souto sacando adiante este singular e único Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas antes de que o mar nolo levase consigo. E nesta XII edición, o Concello de Malpica e a Asociación Cultural Caldeirón queren manter o seu compromiso coa continuidade do premio, rendendo ademais unha fermosa homenaxe ao comprometido poeta e percebeiro bergantiñán.

Así o explicaron Paco de Tano e Eduardo Parga durante a presentación do certame, indicando que coincidindo coa Cea das Letras, no mes de novembro, celebrarase unha homenaxe a Paco Souto.

Unha das propostas que se barallaron foi o cambio de nome do propio certame, pero Paco de Tano explicou que finalmente desestimouse “porque a fin de contas foi el o que lle puxo o nome de Illas Sisargas”. Do papel fundamental que xogou Paco Souto na historia do certame falou tamén o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e nese sentido considera que é preciso lembrar a súa figura.

Prazo de inscrición

O prazo de inscrición estará aberto dende hoxe ata o 30 de setembro. Os interesados poden enviar as súas obras ao Concello de Malpica (Avda. Emilio González López, 1-15113 Malpica de Bergantiños), indicando no sobre “XII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas”. O fallo farase público coincidindo coa Cea das Letras, na primeira fin de semana de novembro, e na que tamén se fará a presentación pública da obra gañadora na pasada edición. O Concello de Malpica financia a edición da obra gañadora e o premio, dotado con 1.000 euros.

Relación de gañadores das edicións anteriores

• “Arredor do teu corpo”, Antonio García Teijeiro • “Baile Átha Cliath”, Alberte Momán • “Xoguetes póstumos”, Enma Pedreira • “Rúa da cancela”, Eli Ríos e Eduardo Estévez • “Amantes”, María Lado • “Carnia Haikai”, Elvira Riveiro • “Chamádeme Eva”, Mercedes Leobalde • “Dominio público”, Ramón Neto • “O episodio”, Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán • “A razón do perverso”, Mário J. Herrero Valeiro • “O home invisíbel”, Xabier Queipo

Novas relacionadas

Fonte