Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Olería Aparicio, Redeiras de Corme e The Surf Factory comparten as súas experiencias en Buño

Polo Emprendento Buno
Polo Emprendento Buno
Olería Aparicio, Redeiras de Corme e The Surf Factory comparten as súas experiencias en Buño

A Rede de Polos de Emprendemento a través do Polo Costa da Morte e en colaboración co Ecomuseo Forno do Forte, organiza para este venres a actividade "Tradición e Innovación. Emprendemento sustentable e ligado ao territorio" baixo a denominación de "Venres dos Polos", iniciativa para fomentar o intercambio de coñecemento e poñer en valor o talento emprendedor de Galicia. 

Nesta ocasión contarán con representantes de Olería Aparicio, Redeiras de Corme e The Surf Factory para que falen da súa experiencia no emprendemento a través da artesanía.

Terá lugar este venres 30 de 11:30h a 13:10h no Ecomuseo Forno do Forte, en Buño. 

Pregamos que quen queira asistir se inscriba a través do enlace que aparece na páxina da Rede de Polos:

Comentarios