Os nen@s, os artistas urbanos que embelezan as rúas de Malpica
Debuxar, aprender, pasalo ben e embelecer as contornas. Moitos obxectivos os que se cobren nesta fermosa malpicá do “Pintar na rúa”, que durante o mes de agosto convertirá a medio centenar de nen@s en auténticos artistas urbanos, dirixidos por profesionais das artes plásticas.
O proxecto de rexeneración urbana leva en marcha dende 2014, transformando diferentes espazos urbanos nun enorme lenzo no que os nenos e nenas deron renda solta á súa creatividade. O formato parte como un obradoiro de verán, da man da monitora do obradoiro será a carballesa Emi de las Heras, que ten participado en proxectos coma Derrubando Muros con Pintura, o pioneiro proxecto carballés de arte urbana.
Este verán os participantes seguirán enchendo de cor os muros da vila divididos en dous grupos en función das súas idades. Os nenos e nenas de 6 a 10 anos pintarán de luns a venres de 11.00 a 12.15 horas, e os de 11 a 14 anos, de 12.30 a 13.45 horas. Ademais, e dado o éxito das anteriores convocatorias, para que poida participar o maior número de artistas posible, este ano haberá dúas quendas de “Pintar na rúa”, unha do 1 ao 14 de agosto e outra do 16 ao 29.
O prazo de inscrición está aberto ata o día 30 deste mes. As familias que queiran máis información ou anotar aos seus fillos e fillas teñen que dirixirse ao departamento de Educación, Cultura e Turismo, situado no primeiro andar do Centro Cívico, ou chamar ao 981 707 104, en horario de 09.30 a 13.00.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/unha-balea-lugrisiana-en-homenaxe-a-paco-souto/Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).