Os peques de Malpica coñecen o significado da arte contemporánea
Xa comezou a campaña deste 2013 de visitas guiadas ao Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte, con sé en Corme. E os primeiros en disfrutalo, da man do Técnico de Turismo do Concello de Ponteceso, Javier Couto, foron os alumnos de terceiro de primaria do Colexio Milladoiro de Malpica de Bergantiños o pasado venres 15 de febreiro.
É o que ten ter un centro coma este, achegando á veciñanza a arte contemporánea, tan alonxada durante décadas das xentes da Costa. Pero quen sabe se en breve podemos loubarnos de ter outra persoa entre as 45 persoas máis influíntes do mundo no sistema da arte.
Así, ben sabia é a proposta de invitar durante o inverno aos centros de ensino para encher de vida o museo, e deixar o verán para o programa de concertos, visitas guiadas e conferencias, como aconteceu o ano pasado.
Máis información e inscricións
Lembramos que todos os colectivos que queiran visitar o Museo deben solicitalo chamando ao 981 738 428 e preguntar por Javier Couto.
Novas relacionadas
- Unha cormelá en NY entre as 45 persoas máis influíntes do mundo no sistema da arte.
- Concertos, visitas guiadas e conferencias dan vida ao MAC da Costa da Morte.
- A arte contemporánea xa ten o seu espazo na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).