Os propietarios do Monte Neme alegan contra o Plan de rexeneración presentado
Hai problemas ambientais que non se solucionan deixando que se esquezan. Parece que as administracións están tirando por ese camiño, ou alomenos así o entenden os 200 propietarios dos terreos da contorna do cumio do Monte Neme, onde o pasado febreiro houbo un perigoso escape ambiental.
Os comuneiros veñen de presentar alegacións ao Plan de Rexeneración do proxecto mineiro de Leitosa, presentado polo administrador concursal da empresa valenciana e que avala a Dirección Xeral de Minas da Consellería de Economía e Industria.
Critican que non se permite a reforestación nunha contorna de 30 hectáres, eliminando así unha posible fonte de ingresos para os propietarios. Critican tamén que de haber problemas de evacuación de auga non terían para sufragar os costes, polo que propoñen o recheo das balsas con terra e a suavización das pendentes dos taludes.
Ademais, denuncian que a antiga concesionaria aínda lles debe 30.000€.
Novas relacionadas
- 01-09-14: Edgewater volve á carga coa mina de Corcoesto.
- 23-04-14: Denuncian que as augas tóxicas do Monte Neme poden causar alzheimer.
- 21-04-14: A Xunta confirma a toxicidade das augas do Monte Neme.
- 11-03-14: Valorados en 140.758€ os danos provocados pola rotura da balsa do monte Neme.
- 24-02-14: Asociacións e oposición alzan a voz contra a mina do Monte Neme e o comparan con Corcoesto.
- 13-02-14: Tragsa empezará a traballar de inmediato no Monte Neme.
- 12-02-14: A Xunta considera controlada a situación no Monte Neme.
- 11-02-14: A Costa da Morte sofre un pequeno Aznalcóllar.