Venres. 19.04.2024
El tiempo

Asociacións e oposición alzan a voz contra a mina do Monte Neme e o comparan con Corcoesto

Asociacións e oposición alzan a voz contra a mina do Monte Neme e o comparan con Corcoesto
Fotografía tomada do Twitter do usuario @bely_beln

A Asociación ambiental Cova Crea de Corcoesto e o BNG carballés saen hoxe á voz pública para denunciar a situación da mina abandonada do Monte Neme, trala rotura da balsa de lama dunha canteira de seixo que provocou unha avalancha de material que afectou ás localidades de Aviño en Malpica e Razo da Costa en Carballo, facendo saltar as alarmas durante segunda semana de febreiro. Unha mina, que recibira axudas de máis de 60.000€ en materia de conceptos ambientais, pero que, aparentemente, non cumpría as ordenanzas.

Precisamente por aí van os tiros da nota da Cova Crea, que denuncia ante a comisión europa o posible incumplimento da normativa comunitaria en relación á actividade extractiva abandonada de Monte Neme. Esta entidade considera que a Xunta de Galicia vulnerou de xeito flagrante as obrigacións impostas pola Directiva 2006/21/CE, sobre a xestión dos residuos das industrias extractivas, normativa específica para a xestión dos residuos mineros, con especial incidencia naqueles aspectos que afectan aos riscos para a saúde e o medio ambiente.

Neste sentido, no caso da canteira abandonada de Monte Neme "tería que existir un Plan de urxencia, co fin de controlar e conter os accidentes graves reducindo a o mínimo os seus efectos, establecendo as medidas necesarias para protexer a saúde das persoas e o medio ambiente; comunicar a información necesaria ao público e autoridades competentes; e restauración e limpeza do medio ambiente tras un accidente grave", sinalan.

Ademais dita norma establece a "obligatoriedad de elaborar plans de pechadura para as instalacións de xestión de residuos, así como que a entidade explotadora presente as garantías financeiras que aseguran a rehabilitación medioambiental adecuada das instalacións de eliminación trala súa pechadura".

Esta entidade tamén solicita "á Consellería de Sanidade que se proceda á elaboración dun Estudo sobre o impacto da saúde da poboación dos minerales e sustancias contidas nos lodos das balsas, e sobre todo a correspondente información á poboación".

Ao tempo, denuncia que "a Xunta de Galicia ha ter unha actuación negligente ao non esixir o cumprimento do Plan de restauración da canteira nin vixiar o cumprimento do Plan de Seguridade".

E é aí onde relaciona o accidente cunha posible situación na mina de Corcoesto. "A realidade demostra que trala explotación, tanto as empresas como as Administracións esquécense de supervisar e facer cumprir tanto os Plans de Seguridade como os de Restauración, e isto mesmo, podería pasar con Corcoesto".
E considera que "pese ao cambio de cualificación que pretende facer no futuro PXOM, nunca poderá desenvolverse en Corcoesto un proxecto minero, porque un bosque non pode eliminarse materialmente coa lexislación actual e a normativa actual europea de protección dos chans, sen resultar un atentado contra o medio ambiente e xa que logo un ilícito penal". "A intención do Alcalde de Cabana é unha batalla perdida de antemán", indican.

O BNG leva o Monte Neme ao Parlamento

Recorda o BNG que a canteira, pertencente á empresa Leitosa, "levaba tres anos abandonada e carecía das elementais medidas de seguridade. Non existía ningunha sinalización do perigo, e a balsa de lama presentaba desde hai tempo unha brecha e ameazaba con desbordar". Apuntou tamén que esta situación foi xa denunciada polo Concello de Carballo en abril de 2013 e tamén por diversos colectivos e particulares.

Por iso, preguntaron na comisión polas actuacións levadas a cabo pola Xunta, por que non atenderon as advertencias do Concello de Carballo, por que Industrias non actuou e en que consisten as actuacións de emerxencia anunciadas tras o accidente.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios