Os versos eróticos xa voan cara as Illas Sisargas


En marcha unha nova edición do VIII certame de poesía erótica Illas Sisargas. Esta semana o Secretario da A. C. Cultural Caldeirón, Francisco Souto Barreiro (Paco Souto), o Alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo J. Parga Veiga, e o Presidente da A.C. Caldeirón Francisco Quiroga López (Paco de Tano), presentaron a convocatoria do VIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas.
O prazo de presentación de exemprares rematará o vindeiro 30 de setembro, e nesta edición estará dotado con 1.000,00€ e a publicación da obra gañadora dentro da colección Caldeirón.
Coma sempre, o fallo do xurado darase a coñecer no transcurso da Cea das Letras a celebrar o segundo sábado de novembro. No transcurso da mesma presentarase a publicación da obra gañadora do certame do ano 2012: "Chámademe Eva" de Mercedes Leobalde.
Máis información
Novas relacionadas
- Os poemas eróticos das Sisargas teñen nome bíblico.
- Os Amantes de María Lado.
- 2011: Os versos erotizan as Crebas das praias das Sisargas.
- 2009: Malpica entrega os premios máis quentes.
Fonte
- Concello de Malpica.