Venres. 29.03.2024
El tiempo

Paco Souto recibe a súa primeira homenaxe nacional no teatro Colón

Paco Souto recibe a súa primeira homenaxe nacional no teatro Colón
Este sábado o teatro Colón da Coruña abre as súas portas para a celebración da primeira homenaxe nacional ao poeta Paco Souto, nun acto interdisciplinar no que confluirán a poesía, a música e mailas artes plásticas. Baixo o título “Atesourando a palabra”, a homenaxe, organizada pola área Cultura da Deputación da Coruña, oitos meses despois da tráxica morte do poeta, dará comezo as 20 horas e contará cun importante número de artistas, pertencentes a diferentes ámbitos culturais, reunindo a poetas e creadores que formaron parte do universo creativo de Paco Souto, e que mantiveron unha estreita relación, persoal e profesional, co poeta. Así, nesta primeira homenaxe nacional a Paco Souto, presentada e coordinada pola poeta Rosalía Fernández Rial, participarán representantes da poética galega como Miguel Mato Fondo, Marta Dacosta, Xosé Iglesias, Lino Braxe, María Xosé Fernández ou Paco de Tano; artistas plásticas como Viki Rivadulla, Peter Kramer, Peter Schneider, Mon Lendoiro, Chiña ou Abraham Vila, músicos como Serxio Moreira, Aida Saco e Fran Barcia, ou persoeiros do eido audiovisual como o cineasta Xosé Bocixa, cuxas intervencións contribuirán a lembrar a figura dun escritor que promoveu unha gran de cantidade de inicitivas culturais nas diferentes artes. Fernádez Rial destacou de Paco Souto que sempre foi “un grande axitador cultural”, subliñando a súa “continua vontade para promover actos e iniciativas culturais”, así como para organizar actividades formativas. “Paco Souto foi a personificación do verbo dar”, salientou Férnández Rial, lembrando a actitude “voluntariosa e colaborativa” do homenaxeado. En coherencia coa personalidade e o discurso artístico do homenaxeado, o espectáculo terá unha posta en escena na que a poesía, a música e a artes plásticas dialogarán arredor da figura dun escritor que deixou a súa obra e a memoria da súa xenerosidade tamén á hora de promover proxectos colectivos. Entradas As persoas que desexen presenciar a homenaxe nacional a Paco Souto, deberán retirar - previamente - na billeteira do Teatro Colón as entradas para asisitir ao acto.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios