O paseo da praia de Malpica acolleu a presentación da XIV Travesía Sisargas de Malpica
10:32 08/08/24
Este mércores tivo lugar no paseo da praia de Malpica a presentación da XIV Travesía Sisargas de Malpica.
A competición, que se celebrará o próximo 11 de agosto, ofrecerá dúas distancias. A primeira, de 4 km, transcorre desde as Illas Sisargas ata a praia de Malpica, coa participación de 130 nadadores. A segunda, de 1,5 km, comezará e rematará na mesma praia Area Maior, con 70 deportistas poñendo a proba a súa resistencia e habilidades.
Con estas probas, a Travesía Sisargas de Malpica busca consolidarse como un dos eventos destacados do calendario deportivo de verán en Galicia.