Martes. 05.11.2024
El tiempo

O pleno de Malpica outorga os cargos e as dedicacións esperadas

Pleno-Malpica-setembro 21
O pleno de Malpica outorga os cargos e as dedicacións esperadas

Primeiro pleno trala moción de censura en Malpica, e poucas novidades. A corporación municipal deu o visto bo en sesión plenaria á nova distribución do goberno local, que constará de sete Concellerías.

Eduardo Parga queda ao cargo da alcaldía e da carteira de Urbanismo. Pola súa banda, Alfredo Cañizo será primeiro Teniente Alcalde, e que á fronte das carteiras que xa tiña no tripartito: a Concellería de Servizos, Seguridade Cidadá, Tráfico, Medio Rural, Mar, Turismo e Festexos. Ambos terán dedicación exclusiva.

A terceira dedicación que tiña o grupo de goberno anterior repartirase entre Miguel Ángel Fernández Miras leva a Concellería de Obras e Medio Ambiente, así como a segunda tenencia de alcaldía; e Marisol Blanco Gorín, Concellería de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Olería queda nas mans de Marisol Blanco Gorín, que tamén asume a terceira tenencia de alcaldía.

A cuarta tenencia de alcaldía será de Noelia Freijeiro Novo, así como a Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes.
Pilar Doldán Pose pasa a ser concelleira de Promoción Económica, Emprego e Comercio. Finalmente, Fernando Rodríguez Baldomir asume as carteiras de Mocidade e Novas Tecnoloxías.

Comentarios