Martes. 10.09.2024
El tiempo

A praia de Area Maior agarda polo esperado Concurso de Barcanas e Castelos de Area

Castelos e Barcanas de area en Malpica copia
Imaxe do concurso de 2022
A praia de Area Maior agarda polo esperado Concurso de Barcanas e Castelos de Area

Este venres, 23 de agosto de 2024, celébrase unha nova edición do xa tradicional Concurso de Barcanas e Castelos de Area na Praia de Area Maior, un evento que promete unha xornada de diversióne creatividade para todas as idades.

O evento dará comezo ás 10:30 horas, momento no que as persoas inscritas poderán iniciar os seus traballos na praia. Terán ata as 13:00 horas para dar forma ás súas esculturas, xa sexan castelos, barcanas tradicionais ou outras creacións inspiradas pola maxia da area e o mar. Ás 13:05 horas, o público asistente poderá participar na votación popular, e ás 13:30 horas farase pública a decisión do xurado e se procederá á entrega de premios.

Concurso de Barcanas e Castelos de Area Malpica 2024-Cartel

Inscricións

As inscricións realizaranse no Departamento de Educación e Cultura, situado no 1º andar do Centro Cívico de Malpica, na rúa Ventorrillo s/n. Teléfono: 981707104. O horario de inscrición será de 11:00 a 15:00 horas, do 1 ao 21 de agosto, e o 23 de agosto de 10:00 a 11:00 na Praia Area Maior de Malpica. Cada participante ou grupo de participantes só poderá inscribirse cunha única obra. Os grupos poderán incluír un máximo de 30 participantes.

Modalidades

  • AMATEUR: A partir de 10 anos.
  • PREMIO ESPECIAL DO PÚBLICO: Escultura máis votada polo público.
  • BARCANAS: Elaboración de barcanas tradicionais.
  • INFANTIL: Ata 10 anos. No caso dos grupos, para inscribirse nesta modalidade, todas as persoas deberán cumprir este requisito de idade.

Premios

  • 1º premio da modalidade amateur: Trofeo e vale de 130,00€

  • 2º premio da modalidade amateur: Trofeo e vale de 70,00€

  • 3º premio da modalidade amateur: Trofeo e vale de 50,00€

  • Premio especial do público: Trofeo

  • Premio á mellor barcana: Trofeo

Comentarios