Venres. 13.09.2024
El tiempo

A Comisión de Malpica desiste de organizar as Festas do Mar ante os continuos problemas co Concelleiro

Participantes no I Foro do Mar de Malpica
Algún dos membros de Mallas de Area durante o Foro do Mar
A Comisión de Malpica desiste de organizar as Festas do Mar ante os continuos problemas co Concelleiro

O tremor xa se estaba fraguando dende hai moito. Hai dúas semanas a Comisión de Festas Mallas de Area de Malpica lanzaba un comunicado describindo o complicado que estaba sendo traballar da man do Concelleiro de Festas Alfredo Cañizo, para sacar adiante as Festas do Mar. Lamentaban, entre outras moitas cousas, a contraprogramación feita dende a concellería reinventando as Festas do Corpus o mesmo día do I Foro do Mar, unha desas iniciativas que demostran que esta Comisión vai moito máis alá da verbena, e ten intención de “facer concello”.

Pero as cousas non melloraron dende entón, mesmo empeoraron. O pasado martes 30 de xullo a Comisión mantiña unha reunión co Concelleiro de Festas, en presenza do alcalde, pero dende a comisión aseguran que non recibiron mñais que descalificacións persoais por parte do alcalde, impedindo desbloquear a situación.

O rexedor e o Concelleiro de obras pedíronlles que reconsiderasen a decisión de deixar de organizar as festas do mar, pero tras meditalo, os Eloy Vilas, Pedro Mato e Iago Cancela, anunciaban onte nas redes a súa decisión de non organizar estas Festas do Mar, a pesar de ter todo practicamente pechado.

Comentarios