Prod. Teatrais Excéntricas estrearon a Mostra de Malpica cun novo cheo
Intensa axenda teatral este outono pola comarca. Arrincaba onte outro dos programas singulares de Bergantiños, a Mostra de Teatro de Malpica, que cumple a súa 23ª edición.
Affincaba, co Auditorio do Centro Cívico cheo para recibir a representación “Cartoons”, de Producións Teatrais Excéntricas.
O espectáculo versou sobre dous personaxes que viven na marxe da nosa sociedade e converten en luxo o noso lixo. A ollada inocente dos pallasos fixeron ver as cousas de xeito distinto. O candor do clown se atopa coa inocencia da infancia (a primeira, a auténtica) entre as dúas crean mundos que antes non existían.
Máis citas
A programación continuará a vindeira semana o venres 3 de novembro, no espazo e horario habituais (Centro Cívico, 20.30 horas), con “Arte Sen Guión”, de Galeatro en coprodución co
Centro Dramático Galego.
As persoas que desexen máis información poden dirixirse ao Departamento de Educación e Cultura en horario de 9:30h a 14:00h ou chamar ao 981 707 104.
O programa completo é o seguinte: