luns. 06.10.2025
El tiempo

Un dia no CEIP de Buño para visibilizar as mans invisibles e imprescindibles da Muller Rural

  • O día complétase cunha mañá de Andaina e vermú no QuinteiroFest.
visibles buno
Un dia no CEIP de Buño para visibilizar as mans invisibles e imprescindibles da Muller Rural

A Asociación Visibles, en colaboración con AVSC O Quinteiro de Buño e o Concello de Malpica, prepara un evento necesario co gallo do Día Internacional da Muller Rural (15 de outubro). Un acto para darlle valor ás mans invisibles demasiadas veces, mais imprescindibles sempre, das mulleres do noso rural. 

O evento será o sábado 18 de outubro, de 16:30 a 20:00 h, no Pavillón do CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño, cunha tarde de creación, comunidade e aprendizaxe entre mulleres.
Durante a xornada terán lugar catro obradoiros simultáneos:

  •  Claudia Moar (Casa Matricaria) – elaboración de xabóns artesanais
  •  Rakelúa – obradoiro de coiro
  •  Luz Moreira – decoración de pezas de barro
  •  Nuria Varela (Vivo Macramé) – obradoiro de macramé


Elixe o teu obradoiro e asegura a túa praza! As prazas son limitadas e é preciso inscribirse previamente para poder asistir no 687 996 633.

Andaina e vermú

sábado 18 de outubro será un día moi completo en Buño; a Asociación de Veciños O Quinteiro, a Comisión de Festas e a Asociación Visibles temos preparadas actividades aptas para tódolos públicos e gustos.

  • 10:00 h a 13:00 h - II Andaina Popular O Quinteiro
  • 13:30 h ata que o corpo aguante - QuinteiroFest (sesión vermú, comida, tardeo...)

Comentarios