Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O proxecto Nove Mares reflexiona sobre os Camiños do Mar

camiños_do_mar_post-Malpica
O proxecto Nove Mares reflexiona sobre os Camiños do Mar

Continúa sendo o proxecto Nove Mares un singular espazo xerador de cultura, reflexionando sobre as diversas aristas que compoñen a nosa sociedade marítimo-pesqueira-cultural.

Promovido pola Fundación Eduardo Pondal e financiado polo GALP da Costa da Morte, propón unha batería de accións para repensar e poñer en valor a nosa cultura mariñeira.

Tras varias sesións reflexionando sobre as Romarías e os Deportes do Mar, con convocatorias ben exitosas en Caión (A Laracha), Razo (Carballo) e na propia sede da Fundación no Couto (Ponteceso), o proxecto Nove Mares segue a navegar pola nosa costa, cunha nova sesión no Faro de Punta Nariga (Malpica de Bergantiños). Será este sábado 23 de marzo en horario de 11h a 13h e contará coa participación dun bo número de poñentes. Iniciativas vencelladas aos patrimonio ambiental e cultural da Costa da Morte, dialogarán con outros proxectos de turismo, patrimonio, ambientais e de hotelaría. O obxectivo da sesión será mapear o territorio na procura de novas liña de traballo vencelladas á cultura, así como a posta en común de iniciativas de boas prácticas noutros lugares, que teñan cabida para a sua réplica na Costa da Morte. 

A cita contará coa presenza de Eloy Fernández Andrade (Camiño dos Faros), Xacobo de Toro Cacharrón (Proxecto de Divugación Científica Xeoclip) e Rocio Romar Roel (Paisaxe Litoral).

Comentarios