O proxecto “As voces das mulleres” de Aantena SC, un dos Premios Luísa Villalta da Deputación

O proxecto ”As voces das mulleres”, da compañía Aantena SC recolleu durante o pasado ano, a memoria de ducias de mulleres dos concellos de Coristanco, Malpica e Ponteceso. Un traballo que recoñece este ano a área de Igualdade da Deputación dos Premio Luísa Villalta, como un dos 10 mellores proxectos divulgación feminista da memoria local.
A Vos das mulleres, recoñece a Deputación, “pon en valor o traballo e a contribución das mulleres, especialmente do rural, a súa visibilización social, o seu empoderamento como motor económico e social”. Un proxecto que focaliza esforzos na “superación das desigualdades de xénero e as posibilidades de cambio social relativo a crenzas, estereotipos, roles, etc.”
O xurado estivo formado por Raquel González Ferrón, licenciada en Pedagoxía pola USC; Eva Mejuto Rial, doutora en Xornalismo pola USC, e Eva Ovenza Pereira, técnica de Igualdade da Deputación. Actuou como secretaria Mercedes Fernández-Albalat Ruiz, xefa do Servizo de Acción Social, Cultura e Deportes.
Entre as experiencias galardoadas tamén atopamos o a diversa escola de Teatro Melandrainas de Arteixo.
Novas relacionadas
- Xaneiro 22: As mulleres de Malpica e O Couto xa teñen voz.
- Xaneiro 22: Aantena recolle As Voces das Mulleres de Bergantiños.