Venres. 26.04.2024
El tiempo

Aantena recolle As Voces das Mulleres de Bergantiños

Presentacion da Voz das Mulleres no Couto2
Aantena recolle As Voces das Mulleres de Bergantiños

A Fundación Eduardo Pondal no Couto en Ponteceso, acolleu a presentación do proxecto “As voces das mulleres”. Un proxecto liderado por Aantena, compañía formada por Bernardino Martínez Castiñeira e Xosé Leis Martínez. A compañía costeira, que continúa coa coprodución dun espectáculo co Centro Dramático Galego e que mantén viva a chama teatral dos naufraxios na Fin da Terra, dá así un novo salto e sumérxese no patrimonio inmaterial da comarca de Bergantiños.

Chaves no proxecto, ademais do financiamento da Deputación da Coruña, tamén son a Asociación Cultural Monte Branco (na presentación estivo Xosé María Varela); o Concello de Coristanco, representado na presentación por Clarisa Couto Castro (Concelleira de Servizos Sociais, Cultura, Turismo e Deporte) é Monica Cancela Pensado (Técnica de Cultura); e o Concello de Malpica.

Presentacion da Voz das Mulleres no Couto

”As Voces das Mulleres” é un proxecto de Teatro Comunitario para traballar con mulleres en espazos rurais co obxectivo de xerar dramatizacións sobre os seus oficios e as tradicións do lugar e crear un vieiro cultural no Concello. Consiste pois nunha “recollida e rexistro da cultura inmaterial local dende unha perspectiva de xénero en base a criterios antropolóxicos”, explíca Bernardino.

O programa divídese en dúas partes:
- Un Obradoiro de investigación e recollida na que participan unha antropóloga e unha educadora social cunha estrutura baseada na memoria e a mulleres no rural e dar corpo á vida das mulleres invisibles, vidas anónimas.
- Un Obradoiro de teatro comunitario baixo os preceptos de Augusto Boal, co material recollido e seleccionado polas participantes farase unha intervención teatral na que serán elas mesmas as protagonistas das historias para crear un vieiro cultural no pobo a través de varios recunchos ou espazos de lugar.

”Os contidos creados durante o programa nos obradoiros sendo rexistrados en diferentes formatos dixitais, tanto en imaxe, vídeo e son, asi como a creación dun mapa sonoro dos lugares e espazos que figuren na recollida, estando a disposición pública nunha web creada para a ocasión”, explica.

Recollidas

O programa dará comeza esta semana e rematará a finais de marzo, cos seguintes horarios e lugares:

  • Fundación Eduardo Pondal, venres de 16:00 ás 18:30 horas.
  • Centro cívico Cultural de Malpica, Luns de 16:00 ás 18:30 horas.
  • Salón de Actos no Edificio de Servizos Múltiples (Coristanco), Martes de 16:00 ás 18:30 horas.

No programa pode anotarse calquera persoa con inquietudes artísticas para participar nas representacións ou que coñeza a cultura popular do seu lugar, poderán contactar co concello ou entidade correspondente.

AS-VOCES-DAS-MULLERES-INSTA

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios