mércores. 13.05.2026
El tiempo

O Quinteiro e Surf&Clean ensinan a elaborar un protector solar caseiro e respectuoso co medio mariño

Coida a tua pel en Buno
O Quinteiro e Surf&Clean ensinan a elaborar un protector solar caseiro e respectuoso co medio mariño

A Asociación de Veciños e Socio-Cultural O Quinteiro de Buño non para e xa pensa en dúas novas actividades ben diversas: un obradoiro sobre saúde, e unha etapa do Camiño.

Xornada de saúde

En colaboración coa Asociación Surf and Clean, a entidade organiza un obradoiro de sensibilización sobre o coidado da pel fronte ao sol con alternativas respectuosas co medio mariño. A cita será o 23 de maio ás 12:00 h no CAT de Buño (A Camposa). Hai 10 prazas coa Inscrición de balde, exclusivamente por Whatsapp ou teléfono  686 700 766.

David Moreno comezará reflexionando sobre o probable impacto que os protectores solares convencionais teñen sobre a nosa saúde e sobre o ecosistema mariño. E de aí, Surf&Clean porpón alternativas naturais, e compartirán a fórmula de protector solar caseiro con óxido de zinc (non nano) e ingredientes asequibles de orixe natural para poder probar e tamén seguir elaborando na casa. Este protector solar non está homologado nin conta con índice de protección acreditado.

Etapa do Camiño

Igualmente, a entidade invita a participar nunha andaina  día 6 de xuño, facendo a primeira etapa do Camiño de Santiago (22km, de Sarria – Portomarín). A intención é facer as restantes ata chegar a Santiago de Compostela nos próximos meses ou anos, non imos con présas…

A saída será 07:00 h dende Buño, o prezo é de 50 € (inclúe traslados en bus, seguro e comida en Portomarín) e data límite de inscrición o 24 de maio.

Comentarios