Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Reaberto ao tráfico pesado o acceso á dársena norte do Porto de Malpica

Porto malpica 2
Visita institucional á zona afectada polo peche durante o último ano
Reaberto ao tráfico pesado o acceso á dársena norte do Porto de Malpica

Vai para 3 anos cando a Xunta pechaba ao tráfico pesado o acceso á dársena norte de Malpica. Os fallos na estrutura da ponte obrigaron ao desvío da circulación pola entrada situada na parte alta do porto, afectando transitoriamente á operatividade do mesmo polas restrinxidas condicións de uso, co obxecto de evitar o paso por esa zona e que puidese acontecer outro derrubamento.

Tras 6 meses de obras, a Xunta vén de reabrir integramente ao tráfico a ponte de acceso á mesma, despois de investir preto de 340.000 euros nas obras de reforzo e sostemento da infraestrutura.

A intervención consistiu no sostemento dos vanos 1 e 2, a consolidación da cimentación e o reforzo estrutural da plataforma da vía interior do porto, reparándose ademais as zonas que polo efecto da corrosión e outros factores perderan a súa capacidade estrutural ou era insuficiente para as necesidades de tráfico.

Novas relacionadas

Comentarios