Martes. 11.05.2021
El tiempo

O alcalde de Malpica urxe á Xunta o apuntalamento da dársena

Trenor en Malpica
Gonzalo Trenor ca Xunta xusto en fronte da zona cortada ao tráfico pesado
O alcalde de Malpica urxe á Xunta o apuntalamento da dársena

Seguen os vehículos pesados de ata 40TN sen poder atravesar a dársena de Malpica. Unha situación que supón unha carga para a lonxa malpicá que non pode medrar todo o que debería e ten que utilizar camións lanzadera para facer as descargas completas.

O pasado mes de febreiro Portos aseguraba que as obras dunha primeira gase comezarían de forma inmediata e a circulación estaría xa habilitada para maio/xuño. Pasan os meses e non se fai nada (realmente van máis de 2 anos dende que comezou o problema), polo que o alcalde Walter Pardo mantivo unha reunión co delegado territorial na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, para pedirlle, con urxencia, o apuntalamento da dársena así como a mellora da rede de infraestruturas.

Trenor puido comprobar de primeira man a necesidade de actuar con urxencia na vía que conecta o porto coa lonxa malpicá. “Moitas familias de Malpica dependen directa e indirectamente desta actuación, polo que instamos a Portos de Galicia a facer un esforzo e rematar a intervención o máis rápido posible”, destacou o alcalde.

Por outra banda, na reunión expúxose algunha das deficiencias que presenta a rede de saneamento, especialmente no núcleo de Beo, e que foron postas de manifesto no Plan Director presentado este mes.

Outra das melloras propostas é a instalación dun tanque de tormentas próximo á EDAR de Malpica.. Esta estación está a asumir un volume de traballo superior ó normal debido a filtracións de auga limpa, polo que esta intervención “diminuiría o seu consumo e incrementaría a eficiencia do seu servizo”, asegurou o goberno local.

Rede de infraestruturas

Entre as prioridades do Concello de Malpica está asegurar as condicións de seguridade viaria na contorna do CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño e do CEIP Milladoiro de Malpica. Unha das propostas pasa pola creación dun paso de peóns iluminado e dun sistema de semáforos para regular o acceso de vehículos nas horas de saída e entrada dos centros.

Novas relacionadas

Novas sobre a seguridade da dársena

comentarios