Mércores. 11.12.2019
El tiempo

A Confraría de Malpica espera polas melloras prometidas

Porto de Malpica-Foto: Fran Varela Saleta
Porto de Malpica-Foto: Fran Varela Saleta
A Confraría de Malpica espera polas melloras prometidas

Case un ano despois do accidente do Silvosa, semella que os Orzamentos 2020 finalmente si inclúen unha partida de 800.000 en dous anos, para a mellora da seguridade do porto de Malpica, en resposta aos eternos problemas para entrar no porto. Pero dende o pósito aseguran que “aínda estamos esperando unha comunicación máis formal, porque parece ser que aínda está en trámites parlamentarios”.

Por agora, a Xunta instalou un radar para estudar as correntes, como paso previo á redacción do proxecto. Mentres, as embarcacións seguen derrapando e xogándose a vida para entrar a porto.

Son varios os problemas que afronta o porto malpicán, que esperan vaian incluídas neste proxecto de 2020, e que, se cadra, se solucionarían coa dársena seca coa que soña o seu alcalde, Walter Pardo.

Reparacón da lonxa

A Confraría tamén solicitou a Portos de Galicia a reparación da Lonxa, xa que ten bastantes fendas na estructura e mesmo chove dentro, igual que acontece na de Camariñas e que demostra a falta de mantemento destas infaestruturas. Esas obras axudarían a montar as oficinas abaixo da Confraría e centralizar todo, aproveitando a remodelación da estrutura da empresa.

Aparte dunhas grúas para montar no porto para axudar a descargar ós barcos con mal tempo

Aparcamento

Dende o pósito consideran necesario afrontar a ampliación do porto, pois o aparcamento en verán é un verdadeiro quebdradeiro de cabeza para o sector. A afluencia de visitantes provoca que queden casetas atrancadas, que os barcos teñan que descargar coas caixas por encima dos coches, etc…

Fábrica de xeo

A Confraría tamén ten solicitado o traspaso dunha liña de alta tensión para a fábrica nova de xeo, xa que teñen todo montado pero como non hai potencia suficiente, non poden tela en marcha.

A grúa de Barizo

A pesar de ser unha grúa de xestión dun club náutico, dende o pósito tamén apretan, pois vai un ano dende que solicitaron a súa substitución, pois entenden que é necesaria para os pescadores e podan ir ó mar.

As grúas de Corme e de Laxe xa foron subtituídas.

Comentarios