A Regueifa de Don Florencio da Radio Balea, premiada pola Xunta
Dos 138 centros públicos que participan no programa Radio na Biblio, foron 70 os participantes o IV Concurso de Podcast convocado co gallo do Día das Letras Galega. E entre os gañadores, temos que contar aos bravos locutores de Radio Balea, a emisora escolar da premiada Biblioteca do CEIP Milladoiro de Malpica.
O programa presentado polos peques malpicáns foi “Unha regueifa a Don Florencio”, e foi escollido como un dos mellores de toda Galicia recibindo un premio de 1.000eiros. Ademais, os equipos galardoados poderán visitar as instalacións da Radio Galega en Santiago de Compostela, e os traballos premiados serán emitidos por esta emisora e serán difundidos a través da súa páxina web e da canle dixital do Diario Cultural.
Se queredes saber máis, no no blog da Biblio cóntannos como foi a experiencia.