sábado. 07.12.2024
El tiempo

Renovados os accesos e a área recreativa da praia de Beo

Obras praia de Beo
Renovados os accesos e a área recreativa da praia de Beo
O Concello de Malpica finalizou as obras de mellora na área recreativa da praia de Beo, un dos nosos Recunchos da Costa. Esta actuación realizouse co apoio do Fondo de Compensación Ambiental.
A obra foi executada pola empresa López Cao S.L. cun investimento de 39.681,95 euros IVA incluído.
Os traballos incluíron a retirada das antigas barandas de madeira, en mal estado. Instaláronse novas barandas que respectan o deseño orixinal pero melloran a seguridade. Tamén se substituíu a escaleira principal por unha nova estrutura de madeira, de estilo semellante.
No acceso sur construíuse unha nova escalinata de granito. 

Comentarios