Rosendo González expón as súas esculturas en Malpica


Xa está en marcha a organización da Exposición de Escultura do artista tudense Rosendo González. A exposición estará aberta no Hotel Fonte do Fraile de Malpica dende este venres o 8 de xullo e ata o 30 de agosto de 2011.
A inauguración queda finalmente para este sábado 9 ás 20:30h no Hotel Fonte do Fraile de Malpica.
Este artista amosa pezas en diferentes materiais combinando pedra, metal e madeira con formatos que acadan dimensións relevantes para espazos abertos.
Así, poderemos ver pezas de corte constructivista e conceptual donde os diferentes acabados xogan un papel determinante para transmitir a forza e a beleza dos materiais que van dende a intensidade do “Negro Galicia” á suavidade da “Pedra blanca de Cabra” ou o verde de Venezuela sin esquecer a “Pedra morena do país”.
A exposición materase aberta ata o 30 de agosto.

Novas relacionadas
- A Fundación Eduardo Pondal abre o prazo de inscrición para unha nova xeira da Escola de Verán.
- A Cerámica de Buño exponse en Madrid a través da Fundación Torre-Pujales.
- A regueifa e a música animaron a terceira edición da Fest’Arxa en Cerqueda.
- Buño xa prepara o Barro para a Mostra de Oleiría 2011.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).