Só falta o equipamento para a apertura do Centro de Saúde de Buño

07:04 05/03/16

1.600 persoas das parroquias de Malpica xa teñen o seu novo Centro de Saúde en Buño. Representantes da Xunta visitaban a zona para a recepción, este venres as obras de urbanización do exterior, executadas polo Concello, quedando só pendente o equipamento para que o centro poida abrir as súas portas.
O Centro contará cunha área médica con dúas consultas de medicina de familia, unha de enfermería e unha sala polivalente; ademais dunha área de administración cun arquivo, almacéns e outros servizos comúns, necesarios para o correcto funcionamento do centro. Xunto ao conselleiro acudiron a Buño representantes da Xunta e do Sergas.
Novas relacionadas
- Xaneiro 2016: O novo Centro de Saúde de Buño estará operativo en breve.
- Xaneiro 2015: O Centro de Saúde de Buño estará operativo en 2015.
Fonte
- Concello de Malpica.