Sábado. 27.07.2024
El tiempo

“Son necesarios espazos abertos para falar temas complexos como este Foro do Mar de Malpica”

Participantes no I Foro do Mar de Malpica
Participantes no I Foro do Mar de Malpica
“Son necesarios espazos abertos para falar temas complexos como este Foro do Mar de Malpica”

Moito interese no Centro Cívico de Malpica, que se encheu de xente de toda a comarca, para participar no I Foro do Mar de Malpica. Organizado pola Comisión de Festas Mallas da Area (si, unha comisión de festas armando un espazo de reflexión coma este!), e a Confraría de Malpica, o encontro serviu para “abrir espazos culturais de interese xeral”. Así de satisfeito amósase así Pedro Mato, xa que dende a organización recoñecen que “moita xente nos dixo que son moi necesarios espazos coma este onde se poida falar abertamente de temas tan complexos como os que trouxemos, e aí e estamos abertos a calquera proposta de entidades, asociacións…”

Mesmo quedou curto, apuntaron outros coa idea da continuar con estes 𝐩𝐮𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐞𝐧𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐬𝐢𝐧𝐞𝐫𝐱𝐢𝐚𝐬 entre os diferentes sectores da nosa vila.

Hector Pose presentando o seu libro no Foro do Mar de Malpica
Héctor Pose presentando o seu libro no Foro do Mar de Malpica

Abríu o acto a𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐨 libro 𝑪𝒐𝒓𝒑𝒐𝒔 𝒏𝒐 𝒎𝒂𝒓, de Héctor Pose. O mestre universitario e escritor malpicán debullou o seu ensaio rebozado de emoción literaria sobre a decisiva influencia do mar nas vidas das xentes da Costa da Morte, e agradece a “inmellorable acollida” que tivo o libro.

O xornalista da TVG Anxo Pérez presentou e moderou a mesa redonda cultural e salgada na que participparon a abogada “mariñeira” 𝐑𝐨𝐬𝐚 𝐂𝐡𝐚𝐩𝐞𝐥𝐚, o poeta e mariñeiro Xosé Iglesias, o biólogo mariño Alfredo Veiga e o propio Pose.

”Un gran éxito de participación e de implicación, malia de ter factores en contra”, reflexiona o propio Pose. “Sendo un tema vital para Malpica, non estaban os máximos representantes municipais e tampouco patróns e apenas mariñeiros en activo”, lamenta por outro lado. “De aí a confirmación de que nunca tan necesarios foros coma este para atoparnos, verbalizar problemas e ser conscientes da urxencia de discutilos”.

”A miña experiencia fo moi moi positiva”, resalta Iglesias. “Quedei gratamente pola xente de Malpica que acodiu case que en masa, e iso quere dicir que realmente hai un problema coa pesca, porque parece que queren acabar co sector. A xente séntese doida e quere compartilo”, relata un Iglesias. “Malpica, un lugar con moitos barcos, sobre todo do cerco, queda sen posibilidades, e os que imos ao mar ao expoñer ás nosas vidas para traer a terra peixe galego de máxima calidade, sufrimos moito tantas cotas, tanta inspección, tanto control… Por iso, creo que son máis necesario foros como este, de todos os sectores primarios, porque parece que Europa, no canto de apoiarnos, parece que quere acabar con nós”.

”Sentinme moi cómodo cos outros poñentes, que están tan preocipados coma min polo futuro do noso mar”, conclúe.

Publico no I Foro do Mar de Malpica
Público no I Foro do Mar de Malpica

Comentarios