Venres. 29.03.2024
El tiempo

Talía Teatro pechou a 17ª Mostra de Teatro de Malpica

Talia Teatro en Malpica
Talia Teatro fixo Vida de Cans en Malpica
Talía Teatro pechou a 17ª Mostra de Teatro de Malpica

Espectaculares as 9 representacións realizadas neste mes e medio de programación teatral que o Concello de Malpica ten acollido no marco da 17ª Mostra de Teatro. Compañías como Rebordelos S.L, Ainé, Os Quinquilláns, Teatro Ghazafelhos, ou Verdeveras Expresións Artísticas encheron de arte o auditorio do Centro Cívico.

A última obra correu a cargo da compañía costeira por excelencia. Talía Teatro trouxo “Vida de cans”, de Talía Teatro; unha comedia, para público adulto como preferente, que durou 70 minutos. Compuxeron o elenco Toño Casais e Dani e Artur Trillo; autoría e dirección da obra, de Cándido Pazó.

Tres actores fixeron de cans, sen deixar de ser actores, nun recinto, ben tratados, pero recluídos, coa liberdade fóra. Cada un afrontou o conflito segundo a súa personalidade, e todo derivou nunha traxedia que nunca deixou de ser comedia.

A compañía costeira vainos dar unha sorpresa ao longo do Nadal.

Comentarios