Tremendo afundimento do muro onde estaba a Lonxa Vella de Malpica

08:48 13/05/15

Parece que foi cousa do “mal fario”. Parece que alguén escoitou as queixas dos veciños e quixo alzala voz en contra do derrubamento da lonxa vella de Malpica a pesar do rexeitamento social. Porque esta mesma tarde de martes 12 demaio, apenas 3 meses despois da obra, o muro onde estaba situada a mesma lonxa veuse abaxio.
Afortunadamente non houbo feridos, pero a desfeita é tremenda. Houbo que cortar o paso na zona do peirao, e mesmo varias vivendas tiveron que ser desaloxadas, xa que mesmo a estrada da Atalaia veuse varios metros abaixo.

Novas relacionadas
- 18-02-15: As máquinas xa derruban a lonxa vella de Malpica a pesar do rexeitamento social.
- 29-01-15: A lonxa vella de Malpica podería ser derrubada nas próximas semanas.
- Unha colleita de sinaturas para evitar a demolición da vella lonxa de Malpica.
- A lonxa de Malpica incrementa nun 93% a súa actividade con respecto ó ano 2013.

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).