Un obradoiro de lendas con Xosé Manuel Varela
Recuperar e relatar as lendas ou as versións que lles foron transmitidas aos veciños de Malpica sobre mitos tan coñecidos no municipio como o do carballo de Santo Estevo, o Santo Hadrián, a cidade asolagada dos Baixos de Baldaio, o trigal maldito de Mens, a lenda da moura que construíu a Pedra da Arca ou as lendas dos castros, é un dos obxectivos do Obraodoiro de lendas que vai poñer en marcha no Centro Cívico de Malpica, dentro do proxecto de dinamización lingüística.
E quen mellor que o noso colaborador, o filólogo e dinamizador cultural Xosé Manuel Varela Varela, para intentar recuperar os mitos locais
A primeira sesión, completamente aberta, celebrarase o venres, ás 17.00 horas, no Centro Cívico de Malpica. O punto de encontro será a Aula de Lecer, coincidindo co curso de manualidades que imparte Lucía Villanueva.
En datas próximas, estes obradoiros celebraranse tamén no IES Urbano Lugrís e nos CEIP Milladoiro de Malpica e Rodríguez Otero de Buño.
Novas relacionadas
- Os poetas populares de Cabana xa teñen o seu libro gracias á divulgación de Xosé Manuel Varela.
- Xosé Manuel Varela edita a Antoloxía de poetas populares de Cabana de Bergantiños.
- E Rosalía tamén rendeu homenaxe a Fermín da Feiranova.
- O pandereteiro de Neaño Plácido Vigueret.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).