Unha manchea de Festas para recibir o verán da Costa da Morte


Temos a Axenda Costa da Morte a rebentar. Non paran de chegarnos festas para este mes de maio e para os vindeiros meses como podedes comprobar pinchando www.axendacostadamorte.com.
Por favor, facédenos chegar as vosas festas a info@quepasanacosta.gal, que nós seguiremos achegando unha completa axenda. Mentres, facemos un repaso das máis senlleiras para este verán 2013 na Costa da Morte:
Festas do Espírito Santo de Cortes, Muros
Comezan este domingo 12 cun Rali Fotográfico por Murosartellado pola ACRDM O Rumial, e continúan coas festas propiamente ditas para o sábado 18, domingo 19 e luns 20 de maio, con orquestas varias, pero con moitas cousas máis, como limpeza de praias, carreira pedestre, partido de solteiros contra casados, exposición de fotos, xogos populares…
Festa en Corme por Martín Varela
Tremenda a proposta festeira de Corme por Martín Varela. Este 16 de maio, 3 orquestras para recadar fondos e que o cormelán non perda un só torneo.
Festas dos Remedios Vellos de Lira
Este vindeiro venres 17 de maio, luns 20 e martes 21, Lira ponse outra vez de festas cos Remedios Vellos.
O venres 17 haberá unha gran verbena con 3 orquestras, Océano, Panamá e Nueva Generación. Para o luns toca sesión máis tranquila coa Charanga vendabal, e o marts haberá sesión vermú e verbena coa Xente Nova.
Festas do Corpus de Muxía
O sábado 1 de xuño será o gran día das Festas do Corpus de Muxía. Estarán dende a mañá os Xaramiños do Corpiño co pasarrúas por toda a vila da Barca, ás 12:00h toca misa e a sesión vermú será con Nuevo Ritmo. Pola tarde xogos e baile, e pola noite repetirá a orques Nuevo Ritmo con Obice Capital.
Festas de Coiro
Estes 1 e 2 de xuño, a parroquia de Coiro, Mazaricos, celebra as súas Festas do Anxo da Garda. E nada menos que a París de Noia estará o sábado 1, mentres que o domingo toca a Chicago.
Festas do Corpus de Brens
Os vindeiros sábado 1 e domingo 2 de xuño toca festas do Corpus en Brens. O sábado estará a orquesta triunfo e nada menos que a eterna Década Prodigiosa, rematando con sesión de Disco Móbil. Para o domingo, sesión vermú coa charanga Ruada.
Festas de San Antonio de Xallas
Os vindeiros sábado 8 e domingo 9 de xuño, a a parroquia de Xallas, Cee, celebra o seu mítico San Antonio.
O sábado será cita coa Discoteca Móbil, e a Olimpus, a favorita da parroquia. Ademais, o domingo toca sesión vermú coa Charanga Mecánica.
Festas de San Adrián de Malpica
O vindeiro 14, 15 e 16 de xuño terán as míticas Festas de San Adrián de Malpica 2013. O venres con La Oca e Costa Oeste; o sábado a sesión vermú cos grandes O Tren da Unha, pasarrúas da Charanga Mekánica e verbena con Ciclón e Marbella. E domingo, a tradicional romería, festa de interese turístico, durante todo o día no Santo Hadrián, e noite a golpe de El Combo domincano e Disco Móbil.
Festas de San Adrián de Toba
A parroquia ceense de Toba celebra por todo o alto o seu San Adrián. E o fai os sábado 15, domingo 16 e luns 17 de xuño, con multitude de orquestras e moita festa.
Festa do Percebe do Roncudo
O sábado 13 de xullo, coma sempre, o percebe será o rei de Corme e das citas gastronómicas da Costa da Morte, na XXI Festa do Percebe do Roncudo. A escritora nacida en Corme en 1981, recén galardoada co premio Estornela de teatro para nenos 2012, será a pregoeira da vixésimo primeira edición da Festa do Percebe do Roncudo, que se celebrará o vindeiro 13 de xullo en Corme.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).