Uns 700 tran@s desafían ao mal tempo na primeira etapa do Camiño dos Faros
21:49 21/03/16
A primeira etapa do Camiño dos Faros discorre entre Malpica e Niñóns
"Paisaxes espectaculares", "experiencia incrible a pesar do vento, do frío e da choiva", "organización de 10",... Estas son as mensaxes que máis veces se repiten no muro do Facebook dos organizadores do Camiño do Faros que o pasado domingo consiguiu congregar a 695 trasnos e trasnas chegadas desde distintos puntos da Costa da Morte e incluso de fóra dos seus límites.
"A pesar de que as condicións climáticas non foron as mellores, a primeira etapa discorreu sen nengunha incidencia de importancia", aseguran dende a organización. Esta primeria etapa, de 22 quilómetros, partiu ás 9 da mañá do porto de Malpica. Dende alí os participantes tomaron camiño, "ainda que moitos sen a equipación axeitada", din dende a organización - ata Niñóns. Alí, esperábanos os autobuses que os levarían de volta ao pobo malpicán.
Próxima cita
A próxima cita será a primeira fin de semana de abril. O sábado día 2 terá lugar a pre-etapa en Niñóns e antes celebraráse o I Camiño dos Faros inclusivo organizado en colaboración coa confederación ANPAS GALEGAS e da federación de ANPAs Costa da Morte. Xa o domingo, 3 de abril, os trasn@s percorrerán os 26 quilómetros que separan Niñóns de Ponteceso.
Novas relacionadas
- O I Camiño dos Faros Inclusivo xa ten data
- A por un Camiño dos Faros para todos.
- Os trasn@s inician a sexta edición do Camiño dos Faros.
- Os pioneiros trans@s mapean o Camiño dos Faros coa tecnoloxía de Google
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])