mércores. 04.12.2024
El tiempo

Visibles reflexiona na Farmacia de Buño sobre os coidados e o duelo

Cristina Borrazas MiLegadoEmocional
Cristina Borrazás será a ponente
Visibles reflexiona na Farmacia de Buño sobre os coidados e o duelo

Segue a Asociación Visibles moi comprometida coa veciñanza de Malpica e organiza, en colaboración coa Farmacia Buño, a AVSC O Quinteiro, e Mi Legado Emocional, unha nova charla. O sábado 30 de novembro, ás 16:30 horas, a Farmacia de Buño acolle unha charla especial sobre o papel esencial da muller do rural no coidado, o duelo e a morte.

”As mulleres rurais, coa súa sabedoría ancestral e a súa singular sensibilidade, seguen a ser gardiáns dos coidados nos momentos máis importantes da vida. Desde o apoio á rede familiar ata o apoio ao final da vida, o seu traballo adoita pasar desapercibido pero nunca deixa de ser vital”.

A principal ponente será Cristina Borrazás, experta en duelo e organizadora de funerais de Mi Legado Emocional”, axudará a reflexionar sobre como validar as nosas emocións e dar apoio en etapas críticas da vida.

Ademais, haberá unha mostra de libros para todas as idades, dende literatura adulta ata literatura infantil, que axudarán a comprender mellor estes temas sensibles e necesarios na vida.

”Este evento non é só unha invitación a reflexionar sobre un tema moitas veces tabú e esquecido, senón tamén serve para honrar e recoñecer a aquelas mulleres que coidan, acompañan e sosteñen a comunidade”, explican dende Visibles.

Comentarios