sábado. 02.08.2025
El tiempo

A XV Travesía Sisargas-Malpica celebrarase o domingo 10 de agosto

Paseo Maritimo de Malpica presentacion Travesia as Sisargas
A XV Travesía Sisargas-Malpica celebrarase o domingo 10 de agosto

No marco deste completo mes de agosto, paseo da praia de Malpica acolleu onte a presentación da proba XV Travesía Sisargas de Malpica. A data inicia tivo que ser cambiada debido as condicións metereolóxicas adversas. Ó evento asistiron Eduardo Parga, alcalde de Malpica, Daniel Gambón, organizador da proba, o concelleiro Miguel Ángel Fernández e Noelia Freijeiro. Parga, invitou a todos a visitar Malpica a animar os deportistas e a gozar de Malpica. 

Daniel Gamón, explicou que do porto de Malpica saen os nadadores da proba do campionato galego e que os barcos participantes serán O Castelao e Pasa Aquí. Na proba participarán máis de 200 nadadores. 

A XV edición da competición de nado que terá dous percorridos:

  • Illas Sisargas – Malpica: 4,5 quilómetros
  • Praia – Praia: 1,5 quilómetros

O Concello de Malpica colabora na organización da Travesía, na que tamén están implicadas a Confraría de Pescadores de Malpica, a Deputación da Coruña, Cruz Vermella e a Agrupación Provincial de Protección Civil de Malpica.

Será unha nova xornada deportiva na que o noso Concello estará cheo de deportividade e animación. O concello de Malpica anima a todo o mundo a que veña a  animar  ós deportistas, a gozar das nosas paisaxes e da gastronomía.

Comentarios