venres. 01.08.2025
El tiempo

Ferve Malpica neste mes de agosto con tradición, artesanía, cine, deporte e olería

malpica (1)
Ferve Malpica neste mes de agosto con tradición, artesanía, cine, deporte e olería

Ferve Malpica neste mes de agosto. Ademais da da 40 edición da Mostra de Artesanía de Buño (esta finde), da Festa Galega (os 15 e 16 de agosto), e das Festas do Mar (a semana do 18 ao 24, a vila énchese aínda máis con música tradicional, deporte (pronto saberemos como vai ser a Travésía a nado), cine, artesanía e visitas teatralizadas.

Este venres, Carmela

A música e tradicion oral chegan a Malpica no proxecto Falaredes. Faino este vindeiro venres 8 de agosto, ás 20:30 horas, o Paseo da Praia de Malpica será o escenario da actuación de Carmela, un proxecto musical que pon en valor a tradición oral galega a través do canto e da percusión de man, elementos centrais da súa proposta artística.

CARTEL-CARMELA-Malpica

XII Feira Mariñeira

Coincidindo coa Festa Galega, Malpica celebra do 14 ao 17 de agosto a súa XII Feira Mariñeira. A cita, xa consolidada no calendario estival da localidade, busca poñer en valor o seu forte vencello co mar a través dunha ampla programación cultural e lúdica.
Durante catro días, as rúas da vila converteranse nun espazo de encontro para veciños e visitantes, cun mercado formado por postos de artesanía e produtos de alimentación, ademais dunha pulpeira tradicional, pasarrúas, xogos populares e música en directo.

Visitas Teatralizadas no Ecomuseo de Buño

Continúan as visitas teatralizadas no Ecomuseo Forno do Forte baixo o título “Onde nace o fume”. A actividade, pensada para todos os públicos, é de balde e non require inscrición previa. As próximas funcións terán lugar o sábado 9 e 30 de agosto, ás 12.00 horas.

Onde Nace o Fume

Cine na rúa

Malpica de Cine segue durante o mes de agosto:

  • Sábado 2 de agosto: Wallace & Gromit, ás 22.00 h, na Praza do Campo, Malpica.
  • Sábado 9 de agosto: Kung Fu Panda 4, ás 22.00 h, na Praza do Campo, Malpica.
  • Sábado 30 de agosto: Chicken Run: Amencer dos Nuggetts, ás 22.00 h, no Ecomuseo Forno do Forte, en Buño.

Malpica de Cine

Comentarios