![Limpeza do IES Maximino Romero de Lema na Praia de Soesto- Laxe 2015]()
Alumnos IES Maximino Romero de Lema na Praia de Soesto na Limpeza Simultánea de 2015
![Limpeza Simultanea de Praias 2018]()
Non será
como noutros anos, pero a Costa da Morte si que participará na VII Limpeza simultánea de praias, que un ano máis organiza a Asociación Adega. 3 centros de ensino e 3 entidades colaborarán nestas necesarias limpezas dos nosos areais, nunhas xornadas que ademais de sacar plástico da nosa natureza, faise un traballo de concienciación inigualable.
Porque vale mil veces máis vivilo en primeira persoa que ler centos de novas, cobra máis importancia sumarse como voluntario a estes actos medioambientais.
Centros de ensino Fisterra e Zas, e entidades de Muxía, Carballo e Muros, participarán destas limpezas.
Destaca este ano o compromiso fisterrán, co Concello absolutamente involucrado, levando a todos os centros de ensino a participar deste proxecto, que contarán coa axuda das ANPAS e do colectivo Narea, que conseguiu un bus para que os rapaces do IES poidan achegarse ata Talón.
ENTROS DE ENSINO:
|
|
IES Maximino Romero de Lema, Baio-Zas
|
Praia de Traba de Laxe
|
19 Outubro
|
IES Fin do Camiño
|
Praia de Mar de Fóra
|
19 Outubro
|
Todos os Centros de ensino de Fisterra (a través do Concello)
|
Praia Langosteira, Talón e Sardiñeiro
|
19 Outubro
|
OUTRAS ENTIDADES
|
|
|
Senda Nova (asociación ambiental)
|
Praia de Baldaio nas Saíñas (no interior da lagoa)
|
20 Outubro
|
Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro Seo Fisterra Ría Muros-Noia
|
Praia de Abelleira
|
20 Outubro
|
Muxía
|
Praia dos Muiños
|
20 Outubro
|
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/no-dia-mundial-dos-oceanos-unha-limpeza-de-praia-mais-non-sirve-para-nada/
https://quepasanacosta.gal/as-toallinas-o-gran-inimigo-dos-rios/
https://quepasanacosta.gal/unha-necesaria-limpeza-as-esquecidas-illas-sisargas/
https://quepasanacosta.gal/a-costa-da-morte-foi-a-zona-con-mais-conciencia-na-limpeza-simultanea-de-praias/