Luns. 22.04.2019
El tiempo

3 falecidos e un desaparecido nun naufraxio dun barco do cerco nos Baixos Meixidos

3 falecidos e un desaparecido nun naufraxio dun barco do cerco nos Baixos Meixidos
  • Última hora (20:30): Interrompida ata mañá á primeira hora a busca por aire do mariñeiro do pesqueiro “Sen Querer Dous” que continúa desaparecido. Na zona permanece a embarcación “Don Inda” que continuará labores de sondaxe durante toda a noite. Operativo coordinado por @salvamentogob.
  • Última hora (16:30): A embarcación de Salvamento Don Inda e unha embarcación da Armada saen na procura do último triplante desaparecido.
O barco Hermanos Da Silva volvendo a Fisterra con dous supervivintes O barco Hermanos Silva volvendo a Fisterra con dous supervivintes-Foto-Sandra Marcote Un barco do cerco o “Sin Querer Dos”, afundía a media mañá deste mércores 19 de decembro, a altura dos Baixos Meixidos, unha zona eternamente perigosa situada entre Carnota e Muros (a 4,5 millas ao sur do Cabo Fisterra). 10 homes tiñan que lanzarse ao mar. 4 eran rescatados por un barco de Muros, o Meira da Costa, e levados ata o porto muradán e outros dous homes foron rescatados por un barco de Fisterra, o Hermanos Silva, onde están sendo desembarcados elevados en ambulancia sobre as 15:30 da tarde a un hospital. Outros catro mariñeiros quedaron á deriva. Ao lugar, ademais de pesqueiros da zona, acodiron ao rescate mobilizados polo Centro de Salvamento Finisterre, o Helicópter Hélimer 401 e a embarcación Salvamer Regulus. O Helimer atopou un cadáver, e o Regulus atopaba outros dous arredor das 15:00h, quedando a esa hora aínda un desaparecido. Momento no que o barco Hermanos Da Silva desembarca no porto de Fisterra a dous supervivintes do Sin Querer Dos Momento no que o barco Hermanos Da Silva desembarca no porto de Fisterra a dous supervivintes do Sin Querer Dos SIN_QUERER_DOS O cerqueiro Sin Querer Dos afundiu diante das nosas costas

Comentarios