400 nenos xogaron co vento co programa O Mar na Escola


Botou o peche a XIII edición do programa “O Mar na Escola 2017. Xogando co vento”, a iniciativa liderada pola Escola de Vela Cataventos que leva o mar aos programas de estudos de varios centros da bisbarra.
Un proxecto pioneiro a nivel galego, e perfectamente exportable a outras comarcas.
O pasado sábado o IES Pedra da Aguia Ponte do Porto, de Camariñas, acollía a clausura dunha actividade que chegou a 389 alumnos dos concellos de Camariñas, Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión e Muxía.
Os alcaldes das vilas, os directores dos centros educativos e os representantes de Cerdeimar estiveron acompañados polo Presidente da Federación Galega de Vela e a Secretaria Xeral para o Deporte, quen mostraron a súa satisfacción polos excelentes resultados que, ano tras ano, colleita esta iniciativa que aúna a aprendizaxe escolar co coñecemento-respecto da contorna máis próxima, fomento da práctica de actividades ao aire libre.
A coordinadora do programa, Noemi Bermúdez de Castro, explicou que nesta edición participaron preto de 400 alumnos dos colexios CEIP O Areal, CEIP Ponte do Porto, IES Pedra da Aguia (ambos de Camariñas), Manuela Rial e Eugenio López (Cee); CEIP Santa Eulalia (Dumbría); CEIP Mar de Fóra, CEIP Areouta (ambos de Fisterra); CEIP Praia de Quenxe (Corcubión), CEIP Virxe da Barca, CEIP Vilarmide, CEIP Os Muíños, IES Ramón Camaño (todos eles de Muxía).

”Quero agradecer a todos os implicados neste proxecto que sigan apostando por unha iniciativa que ten como obxectivo achegar o mar e os seus recursos á escola. A Cerdeimar, polo seu apoio incondicional, por crer neste proxecto e aos centros escolares polo esforzo de adaptar o seu programación para integrar esta actividade, que estou segura que enriquece a todos os alumnos e apórtalles unha visión diferente da contorna mariña, co que conviven todos os días. Trátase dun programa xa consolidado, pero o noso compromiso é seguir avanzando e ampliando cada ano o número de sesións, de nenos e de centros participantes, sempre contando, como non podería ser doutro xeito, co apoio de todos os presentes neste acto”, explicou Noemí.
Dende 2004

”O Mar na Escola” iniciou a súa actividade no ano 2004, no CEIP Areal de Camariñas e aos poucos se foron sumando concellos e centros, atraídos por un xeito diferente de achegar aos nenos as materias de Coñecemento do Medio e educación Física, desde un punto de vista próximo. O programa está estruturado en dous grandes bloques. O primeiro vira ao redor da Observación da Contorna, e nel trátase do mar, os ventos, as mareas e a costa, ademais de nomenclatura náutica, rumbos e navegación a vela. O segundo, Coidado e Conservación do Medio Ambiente, favorece o achegamento dos alumnos á biodiversidade dos mares e os océanos. Para iso, a escola dispón de todos os medios técnicos necesarios.
Novas relacionadas
- 2017: O programa O Mar na Escola xa permitiu a centos de nenos saír ao mar.
- 2017: O Mar na Escola volve convertirse os deportes náuticos en libros lectivos.
- Abril 2016: O Mar xa está na escola.
- O Mar na Escola 2016: 400 nenos estudan o Mar na Escola, programa ao que se une Laxe.
- O Mar na Escola 2015: 300 rapaces puideron levar o mar ata as aulas co Mar na Escola.
- O Mar na Escola 2015: Os alumnos costeiros bótanse ao mar.
- O Mar na Escola 2014: A pioneira iniciativa O Mar na Escola pechou o curso pensando no que vén.
- O Mar na Escola 2014: Máis de 200 alumnos aprenderon sobre o Mar na Escola co pioneiro proxecto de Cataventos.
- O Mar na Escola 2014: O mar invade as aulas.
- O Mar na Escola 2014: Os peques de Camariñas xogan co vento nas aulas.
- O Mar na Escola 2014: 200 alumnos volverán disfrutar o mar dende a escola.
- O Mar na Escola 2013: Pequenos grumetes diplomados en mar.
- O Mar na Escola 2013: Máis de 130 escolares difrutaron un ano máis do Mar nas horas lectivas.
- O Mar na Escola 2012: Preto de 200 escolares xa son regatistas na Costa da Morte.
- O Mar na Escola 2012: 232 mozos de 6 centros escolares disfrutan do mar en horas lectivas.
- O Mar na Escola 2011: Os alumnos de Cee asaltan o mar a vela.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).