Venres. 26.04.2024
El tiempo

Case 200 alumnos aprenderon sobre o Mar na Escola co pioneiro proxecto de Cataventos

Case 200 alumnos aprenderon sobre o Mar na Escola co pioneiro proxecto de Cataventos
O Mar na Escola con Cataventos 2014

Fantástico o proxecto “O Mar na Escola”, que leva desenvolvendo a Escola de Vela Cataventos dende hai 10 anos. Un proxecto pioneiro en Galicia, que conseguíu inserir o mar, a vela, no programa de estudos. Así, un total de 186 alumnos dos centros de ensino de Cee, Dumbría, Corcubión, Fisterra e Muxía puideron aprender cousas deste medio tan cercano a nós, e ás veces tan lonxano como é o mar, e en horario lectivo.

Os rapaces gozaron, coñeceron e aprenderon a valorar a súa contorna, a costa, o mar, o vento, as mareas e as influencias da meteorología a través da práctica de deportes náuticos. Neste sentido, Noemi Bermúdez de Castro, coordinadora da actividade, asegura que “esta experiencia permítelles dar un sentido máis práctico e interiorizar a asignatura Coñecemento do Medio, sentíndose todos parte dunha tripulación e potenciando a importancia do traballo en equipo”.

Os participantes coñeceron o traballo no barco escola, onde se lles animou a participar na navegación, levando o timón, as velas, equilibrando o barco ou orientándose en función da dirección do vento. Ademais, nas sesións de kayak, aprenderon a dominar a remada, controlar a posición do corpo, o equilibrio, o aprovechamiento das correntes e a procura de abrigo para facilitar a navegación e visualizar o fondo.

Esta actividade finalizará no mes de xuño coa entrega de diplomas que acreditan a participación no programa nos centros escolares a cada un dos participantes e entrega dunha orla ao centro escolar coa foto da promoción de “O Mar na Escola 2014”.

Case 200 alumnos aprenderon sobre o Mar na Escola

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios