Preto de 200 escolares xa son regatistas na Costa da Morte


O Programa "O Mar na Escola 2012" chegou ao seu fin coa entrega de diplomas en cada un dos 7 centros escolares participantes. I é que este pioneiro proxecto leva o mar ata as aulas das escolas da zona, unha zona na que o mar é todo, pero na que os novos pequenos parecen crecer de costas a el.
A través da vela, e gracias á iniciativa da Escola de Vela Cataventos, preto de 200 escolares da Costa da Morte iniciáronse nos últimos tres meses no mundo deste deporte e se achegaron ao mar.
I é que a través deste programa, que se celebra desde fai máis de dez anos pero cada ano crece e crece, os escolares, dentro da materia de Coñecemento do Medio (isto si que é coñecer o medio), poden aproximarse ao medio no que viven, valorar e coidar os recursos do mar e a contorna da ría, achegarse ao deporte en xeral e en particular á vela lixeira, ademais de aprender as nocións básicas de navegación, sempre nun ambiente lúdico e establecendo a mellor relación entre alumno-monitor.
Patrocinado por Ferroatántica, e coa colaboración dos Concellos de Cee, Dumbría e Fisterra, esta iniciativa repetirase, afortunadamente para os alumnos que veñen por detrás, o ano que vén.
Só podemos felicitar aos Noemí Bermúdez e Marcos Trillo, da Escola de Vela Cataventos, por esta gran proposta educativa e deportiva.
Os colexios participantes, que ademais levaron unha fermosa orla con todos os novos diplomados, foron:
- li>61 alumnos participantes de 1º da ESO e 6º de Primaria do CEIP Manuel Rial Mouzo de Cee.
- 53 alumnos de 3º, 4º, 6º e 6º do CEIP Mar de Fóra de de Fisterra.
- 25 alumnos de 5º e 6º do CEIP Santa Eulalia de Dumbría.
- 36 alumnos de 3º e 4º do CEIP Eugenio Lopez de Cee.



Máis clase polo verán
E non para a Escola de Vela Cataventos e o Club Marítimo Carrumeiro, que en breve darán inicio á tempada estival coas Clases de Vela Lixeira, Vela Cruceiro e Kaiak de Mar a partir do día 25 dexuño do 2012 en horario de mañá de 11:00 a 14:00 e de tarde de 16:00 a 19:00 de luns a sábado.
Esperan contar con gran numero de participantes tanto de proxectos anteriores como cursos de vela municipais de Cee e Corcubión, do programa O Mar Na Escola e dos Veraneantes que cada tempada achéganse á nosa comarca para pasar os seus días de descanso.
Novas relacionadas
- Pioneiras promocións de Diplomados nas Escolas Municipais de Vela de Cee e Corcubión.
- O Mar na Escola: 232 mozos de 6 centros escolares disfrutan do mar en horas lectivas.
- Máis de 170 embarcacións tinguiron de branco a ría de Corcubión.
- O mar volve ás escolas de Cee e xa chega ás de Dumbría e Fisterra.
- Máis de 170 embarcacións tinguiron de branco a ría de Corcubión.
- 2011: Os alumnos de Cee asaltan o mar a vela.
- O nordés dificultou a regata máis numerosa da ría de Corcubión.
- 2011: O mar volveu á escola en Camariñas e Cee.
- 2010: Os alumnos do Manuela Rial achéganse ao mar con Cataventos.
- 2009: Estudiando o mar na Escola .
- 2008: Os mozos de Cee comezan un curso de vela con Cataventos .
- APEM e Aspadex volven ao mar.
Fonte
- Nota de prensa do Clube Marítimo Carrumeiro.