Venres. 19.04.2024
El tiempo

200 alumnos volverán disfrutar o mar dende a escola

200 alumnos volverán disfrutar o mar dende a escola
Presentacion do Proxecto O Mar na Escola no peirao de Corcubion

Xa é o 10º no que está en marcha. Pero segue a ser un proxecto pioneiro en todo o país. Levar o mar, levar o deporte da vela, ao programa educativo é espectacular. E neso consiste o proxecto “O Mar na Escola”. Unha proposta que nace no peirao de Corcubión, da man da Escola de Vela Cataventos, e que chega a colexios de 5 concellos da zona. 200 alumnos de colexios de Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión e Muxía, este último primeira vez, poderán aprender a navegar nas en horario lectivo.

Cataventos facía a presentación esta mañá de xoves 20 de febreiro na sé do Club Marítimo Carrumeiro de Corcubión, coa presencia dos seus responsables, Noemi Bermúdez e Marcos Trillo, e representantes dos 5 concellos, o representante da empresa patrocinadora Ferroatlántica, Carlos Oliete, o presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde, e o director do CEIP Mar de Fóra de Fisterra, que contou os beneficios deste programa dirixido a alumnos de Primaria.

Os escolares recibirán formación teórico-práctica en biodiversidade dos mares e océanos, a nosa contorna o mar, ventos, correntes, mareas, e teoría da navegación a vela e seguridade no mar. Este proxecto é un achegamento dos mozos ao mar e á súa contorna a través da práctica do deporte. Poderán aproximarse ao medio no que viven, valorar e coidar os recursos do mar e a contorna de ríaa, achegarse ao deporte en xeral e en particular á vela lixeira, ademais de aprender as nocións básicas de navegación, sempre nun ambiente lúdico e establecendo a mellor relación entre alumno-monitor.

As sesións prácticas realizaranse nas instalacións do Club Marítimo Carrumeiro no peirao de Corcubión, onde aplicarán os coñecementos adquiridos a través da práctica de diversas actividades como a vela, kaiak, voo de cometas e un taller de nós.
O proxecto finaliza en xuño coa entrega de diplomas a cada participante e unha orla ao centro escolar na que aparece todo o grupo.
O programa, que se desenvolve xa desde fai dez anos en Camariñas a través do seu Concello e o seu club náutico por iniciativa dos técnicos deportivos e profesores, se implantou en Cee fai seis cun gran éxito de aceptación.

Patrocinio da Xunta

A iniciativa, que comeza en marzo e desenvolverase durante os meses de marzo, abril e maio, conta co patrocinio de Ferroatlántica e a colaboración dos cinco concellos. Este ano, como novidade, “O Mar na Escola” conta coa inclusión da Secretaría Xeral para o Deporte, no programa “Xogade” actividade “Xogando co Vento”.

Os participantes

  • Concello de Cee: Colexio Manuela Rial Mouzo (21 alumnos de 6º de primaria) e CEIP Eugenio López (44 alumnos de 3º de primaria).
  • Concello de Dumbría: CEIP Santa Eulalia (25 alumnos de 5º e 6º de primaria).
  • Concello de Fisterra: CEIP Mar de Fóra (18 alumnos de 5º de primaria).
  • Concello de Corcubión: CEIP Praia de Quenxe (16 alumnos de 3ºe 4º de primaria).
  • Concello de Muxía: CEIP Virxen da Barca (13 alumnos de 2º de primaria), Ceip Vos Muiños (22 alumnos de 5º de primaria), IES Ramon Caamaño (24 alumnos de primeiro diso)/diso) e CEIP Villarmide (22 alumnos de 4ª e 5ª de primaria).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios